venres, 6 de setembro de 2019

Un reto para facer construcións con regra e compás!

Hai un tempo compartía no blog a entrada Euclid: The Game. Tratábase dun xogo no que un podía entreterse cos seus 25 niveis, nos cales se propuñan distintas construcións con regra e compás que había que conseguir facer no menor número de pasos posibles.

Navegando pola web un pode atopar grandes cousas, como aquel xogo ou como estoutro que traio hoxe, que se pode atopar na páxina sciencevsmagic. Entre as opcións que ofrece (tamén as hai sobre fractais ou mosaicos), unha delas é relativa ás construcións con regra e compás que aprendeches aquí. Propoñen uns cantos retos, até 40, que un pode ir intentado resolver paso a paso e un por uno.


Ningún comentario :

Publicar un comentario